Doses de cómic e ciencia sen contraindicacións: colaborando en Efervesciencia

O departamento de Tecnoloxía vai colaborar no único programa da Radio pública Galega de Ciencia, EFERVESCIENCIA (que ven de cumprir 10 anos, parabens!).
A proposta é facer unha sección aperiódica, CAMBIO DE FASE, onde comentaranse cómics relacionados coa Ciencia e a Tecnoloxía. A maioría deles están presentes na biblioteca do IES e os que non poden solicitarse no departamento.
Aquí abaixo vai inserido o primeiro programa (emitido o 1 de Outubro no horario habitual de Efervesciencia: Domingo 15:00 h.).
A sección CAMBIO DE FASE aparece no minuto 18. Quen prefira pode optar por descargar o programa en MP3

Comentarios

Entradas populares