III Campionato de Robótica e I de Pedrapapeltesoira no IES

O profe de Programación cos árbitros
Pois xa van 3 edicións do noso campionato de robótica, e coma o curso pasado en colaboración coa ANPA do IES e co patrocinio de Bocatería PAPO'S. Este ano tivemos varias novidades:
  • competiron por un lado alumnado de 1º ESO cos robots Mbot e 2 probas: circuíto e rastreo, e por outro de 1º Bach cos robots fabricados na materia de Tecnoloxía Industrial, e tamén 2 probas: circuíto e segueliñas.
  • tivemos a modo de proba un campionato de Pedra Papel Tesoira. A idea é estendelo o curso vindeiro a todos os cursos que teñan Tecnoloxía (e a razón é que este é un xogo moi importante na aprendizaxe da informática).
  • Participaron coma presentadores e árbitros 2 dos mellores alumnos de TIC II: Manuel Montero e Alex Costas.
  • A entrega de premios consistiu nunha merenda en PAPO'S e unha estatua orixinal impresa no Departamento de Tecnoloxía
As vencedoras de 1º ESO
Os semifinalistas de Pedrapapeltesoira

Entrega de premios
As probas: circuíto e rastreador
Competidoras de 1º Bach
O circuíto para os robots
Gañadores de 1º Bach


Comentarios

Entradas populares