Alumn@s de 1º ESO, campion@s de Robótica na Universidade

O 28 de Abril celebrouse o III Campionato de robótica da Universidade de Vigo, e por 3º ano consecutivo as equipas do noso centro tiveron unha actuación destacada. En especial temos que mencionar a ILLUMINATI CONFIRMED de 1º ESO E (formado por Mara - capitana-, Íria, Nuria, Paula, Aroa e Uxío) que conqueriron o 1º posto na categoría de 1º e 2º ESO.

Illuminati Confirmed na entrega de premios


Ao departamento de Tecnoloxía gustaríalle destacar que o triunfo foi froito do traballo en grupo dos distintos equipos, en especial dos capitanes e capitanas: Javier e Carla (1º ESO A), Antón e Mara (1º ESO E).
Os equipos de 1º bacharelato, capitaneados por Belén e Martín (1º Bach. A) tamén desenvolveron un traballo moi destacable aínda que non tivesen logo sorte na competición (pese a iso, foron 1º e 3º na ronda de clasificación, e un 9º posto diante de 70 equipos non está nada mal).

Foto de grupo na entrada da facultade



Carla con SCRAPPY na man

Antón falando cos árbitros
Belén presta a afrontar a proba

Javier poñendo ao robot en marcha
Bender presto a competir
Integrantes de Scrappy
Compoñentes de THE HACKER

Entradas populares