Como obter a ligazón "pura" dun ficheiro en Google Drive e inserir música no blog

Un dos problemas habituais nos blogs é inserir música en formato audio nunha nova entrada (dende youtube obviamente é fácil). Hai moitos reproductores moi sinxelos que aportan o código HTML para inserir. Por exemplo podedes probar con SCM Music (que é de código libre ;-) ou unha páxina máis elaborada como CINCOPA (esixe rexistarse, pero pode ser coa conta de gmail).

O problema é que temos que ter a ligazón real (a que remata en .mp3 ou calquera outro formato) ao noso ficheiro. Se o aloxamos en dropbox ou similar iso é moi sinxelo. O dificil é se o temos en google drive. Vexamos como facelo:

  • aloxar os ficheiros nun cartafol de google drive (por exemplo, "música")
  • compartir o cartafol como púbico e atopar a ligazón do cartafol. Será do seguinte tipo:  https://drive.google.com/#folders/0B5xqUTHHK_n6VUNYcWE5Wmg3Zmc 
  •  As letras e números finais son a chave do cartafol:
    0B5xqUTHHK_n6VUNYcWE5Wmg3Zmc
  •  Abrir unha pestaña e escribir a seguinte ligazón: googledrive.com/host/chave_do_cartafol onde a chave é esa ristra de letras e número
  • Entraredes entón nunha páxina onde podedes ver os ficheiros do cartafol. Se premedes co botón dereito nos ficheiros podedes copiar a ligazón "real".
Neste blog ficen a proba co ficheiro de audio STOP, famosa canción de Jane's Addiction

Entradas populares