Visita ao Courel co Proxecto Terra

Como cada curso participamos co alumnado de 4º nunha visita do Proxecto Terra. Neste caso foron 2 días no Courel e na Ribeira Sacra, dous sitios que deberían ser de visita obrigada para calquera persoa interesada na paisaxe e no seu pais.
Coma sempre quedamos encantados coa organización, os medios e os guías, e queremos dende aquí agradecerlle a todos os colaboradores do Proxecto Terra a súa participación.
Desta vez a visita estaba centrada nos aspectos xeolóxicos e biolóxicos da paisaxe. Tivemos a sorte de visitar elementos xeolóxicos únicos en Galicia (e na maior parte de Europa) coma o famoso sinclinal do Courel, bosque tradicionais perfectamente conservados coma a Devesa da Rogueira, lagoas glaciares, formacións kársticas agochadas dos turistas ou paisaxes transformadas dende a época romana coma os viñedos da Ribeira Sacra.



Museo xeolóxico de Quiroga
Museo etnográfico de Quiroga

A devesa da Rogueira, un bosque imprescindible

Lagoa glaciar de Lucenza


O único? mirador xeolóxico de Galicia: o sinclinal do Courel
O val das mouras, un sitio máxico agochado
Viñas na Ribeira Sacra- Vista dende o catamarán

Comentarios

Entradas populares