Unha viaxe interdisciplinar: Bilbao-Atapuerca 2016


Plaza Nueva de Bilbao

Dende fai 3 cursos realizamos co alumnado de 1º Bach. unha viaxe interdisciplinaria (Hª, antropoloxía, tecnoloxía) a Bilbao e Burgos-Atapuerca.

Precisamente ese é obxectivo principal: transmitir ao noso alumnado que a cultura é algo interdisciplinar, e que polo tanto o enfoque disciplinar polo que opta o sistema educativo (algo que está en revisión, afortunadamente) é moi reducionista é ten un alto coste na aprendizaxe.

Vexamos unha parte do que visitamos e aclaremos que teñen de interdisciplinar:

San Martín de Frómista (Palencia) - Igrexa románica
Visitar Frómista é falar da importancia histórica e cultural do Camiño de Santiago, a via de comunicación e intercambio de ideas e tecnoloxías da Idade Média.

Canal de Castilla en Frómista
O Canal de Castilla representa un dos esforzos tecnolóxicos máis serios levados a cabo na era da Ilustración para sair do modelo productivo-económico medieval. E tamén representa eficazmente a Hª de España na súa relación coa tecnoloxía: "tarde, mal e a rrastras".

Pontes e urbanismo de Bilbao
O urbanismo de Bilbao é un modelo fundamental (a nivel europeo) para entender como pode cambiarse unha cidade (e a vida dos seus habitantes) facendo planificación, deseño e boas inversións. E tamén permite comentar as desfeitas urbanísticas que se teñen feito na Galiza, coa intención de despertar o espíritu crítico do noso alumnado. Para nós isto está moi relacionado co noso proxecto do Roteiro por Coia.

Museo Guggeheim - Arte contemporánea
A 1ª visita ao museo obriga a revisar a nosa concepción da arquitectura e da arte. Exposicións coma a actual de Louise Bourgeois teñen un impacto directo en moito do noso alumnado, na súa percepción e valoración da arte.

Shades - Exposición de Andy Wharhol




Vistas de Getxo dende a ponte colgante de Portugalete




A visita á ponte de Vizcaya tamén permite relacionar Tecnoloxía e Hª, e incidir na importancia das canles de comunicación nas sociedades humanas (pontes, estradas, camiños, ideas...).

Euskadi: gastronomía é cultura
Visitar Euskadi para os galegos e galegas implica acceder a outra cultura gastronómica (máis avanzada que a nosa), a outra lingua...

Museo de la Evolución - Burgos

O coñecemento da prehistoria e da investigación científica relacionada con ela, tan aberta e apaisoante, é un dos mellores exemplos de interdisciplinariedade que podemos ofrecer en calquera viaxe. Atapuerca é un referente mundial.

Cartuja de Miraflores - Burgos
A visita ao monasterio de Las Huelgas e á Cartuja de Miraflores permiten revisar ou ampliar coñecementos históricos, relixiosos, artísticos...

Colonia Clunia Sulpicia (Burgos)
Por último visitamos a cidade romana de Clunia da que aínda queda moito por excavar. Nela podemos admirar a superioridade tecnolóxica romana e as súas brillantes obras de enxeñería, coma o teatro romano de Clunia, que podía acoller a 9000 espectadores.

Comentarios

Entradas populares