Videoclips TIC

Para falar da relación entre imaxe e son en clase de TIC sempre se adican varias clases a mostrar unha escolma dos mellores videoclips, coa inocente intención de dar a coñecer algún dos autores relevantes neste medio e de reflexionar sobre a supeditación da música á imaxe (?). Neste curso isto faise despois da visita co alumnado á exposición do MARCO: SCORE - O ESPAZO ENTRE A IMAXE E O SON.

Para o profe de TIC algúns dos autores que todo o mundo con cultura audiovisual debería coñecer e os seus traballos máis relevantes son:

- SPIKE JONZE: nestes intres famoso director de cine, todas as súas pelis son relevantes, en especial Adaptation e Her.

- MICHEL GONDRY: un dos directores de cine máis interesantes na actualidade (en TIC temos visto OLVÍDATE DE MI! e na biblio temos REBOBINE, POR FAVOR).

- CHRIS CUNNINGHAM: a diferencia dos outros 2 ten un perfil máis artístico (no sentido de experimentador/investigador) e menos comercial, en parte polos músicos cos que ten traballado (que case sempre teñen unha afinidade estética). Ollade unha cita sacada da páxina de Art Futura: ""Mucha gente piensa que mis trabajos son terroríficos. Personalmente, yo los encuentro hilarantes. Terroríficos para mi son, por ejemplo, los videos de las Spice Girls".
  • RUBBER JOHNNY: non é un videoclip, pero si unha curtametraxe con música de aphex twin.
  • FLEX: unha videoinstalación para maiores de idade (se es menor ensínalla primeiro aos teus pais para que decidan se podes vela)
  • BJORK - All is full of love: un dos videoclips máis famosos, de visión obrigatoria (en especial para estudantes de tecnoloxía e xente interesada na robótica ;-)
  • APHEW TWIN - Windowlicker: outro videoclip famosísimo, pola súa duración, polo seu discurso "antisistema", por ser censurado pola MTV...
  • THE HORRORS - Sheena is a parasite: un videoclip do que se dixera que podía causar problemas neuronais (igual que xogar moito á consola ;-)
  • MONKEY DRUMMER - Aphex twin: outra videoinstalación
  • SQUAREPUSHER - Come on my selector: como facer imaxes e historias a partir de música abstracta
  • AUTECHRE - Secondedbadvibel:  e como facer vídeos abstractos con música abstracta pero que todo quede coherente; unha pasada visual.
  • e coma anexo, o anuncio para Sony que da un pouco de mal rollo ;-)

A maiores deses 3 autores todo o mundo debería (re)coñecer varios videoclips e traballos audiovisuais importantes:

  • QUEEN - Bohemian Rhapsody: considerado o primeiro videoclip con entidade propia (os anteriores eran meras imaxes acompañando á música, non tiña relevancia visual).
  • THE BUGGLES - Video killed the radio star: a canción que inaugurou a era MTV, unha era na que a imaxe domina sobre o son.
  • THRILLER - Michael Jackson: pode resultar innecesario citalo, pero sigue a ser o videoclip máis famoso do mundo, toda unha película
  •  FANTASÍA e FANTASÍA 2000 - VV.AA. (Disney): e para rematar o que sempre será a obra de referencia en relación imaxe/son, unha obra mestra para todos os públicos e todas as épocas
ANEXO:

e tamén está ben coñecer algún dos mellores videoclips do 2014 ou está maravilla informática que fixeron no seu momento para AC-DC.

Comentarios

Entradas populares