RECOPILANDO BATAS

Nesta entrada podedes ver ou ler a distinta información sobre a actividade das batas feita no IES o día 8 de Marzo. A verdade é que a repercusión mediática foi impresionante, pero gustariame salientar por unha banda a implicación do alumnado e por outra a natureza interdisciplinar do traballo realizado polos profesores, un dos puntos fundamentais na mellora da calidade da educación (xunto co traballo en grupo).
Para os lectores alleos ao IES, dicir que en base a un documental desenvolvéronse unha serie de actividades no IES como foron:
- exposición de batas na entrada do IES
- charlas coa directora do documental.
- redaccións, poemas e relatos nas aŕeas de lingua galega e castelán.
- debates sobre situación tradicional e actual da muller en diversas aŕeas e titorias.
- realización e montaxe de vídeo en Tecnoloxía e TIC.
- creación dun "patchwork" xigante con todos os alumnos participantes e batas.
- fotos dos familiares do  alumndado (avoas, normalmente) enviadas por eles mesmos.



- CURTAMETRAXE "BATA POR FORA, MULLER POR DENTRO" de CLAUDIA BRENLLA e LATURMA DOCUS:
esta foi a orixe do noso traballo, un curioso vídeo mistura de documental e performance.


BATA POR FORA, MULLER POR DENTRO

- LIGAZÓNS:


- FOTOS DO EVENTO:

    Albums de fotos do evento feitas por Luz Cao, Modesta Riesco e Mar Platero

    Selección de fotos feita a partir dos albums anteriores:

- TEXTO PRESENTACIÓN DO EVENTO (lido por Ana Álvarez e Mar Platero):

Ola!
Benvidas a todas e a todos a esta festa do Día das mulleres.
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o día internacional da muller traballadora. O dia das mulleres; porque dicir muller é dicir traballo, é dicir coidado, é dicir carga e resposabilidade. Hoxe queremos recoñecer o traballo de todas as mulleres e dignificalo... Para descargalo enteiro (PDF), preme AQUÍ


- VÍDEOS:
   
    Vídeo-performance feito polos alumnos de 4º D (si, a miña titoría :-) inspirados polo vídeo de Claudia Brenlla, no que pretenden reflexar temas de desigualdade, ética, compañerismo,...Todo o traballo desenvolveuse de xeito autónomo polos alumnos (con axuda do profesor só para a montaxe e facilitación do espazo e material de gravación).


BATAS 1/4 from tecnocoia on Vimeo.












- FOTOS FAMILIARES DO ALUMNADO:

pediuse aos alumnos que mandasen fotos das súas familiares coas batas postas.


 Fotos enviadas pola alumna Clara Fernández de 1º Bacharelato D, da súa avoa.


- FELICITACIÓNS:
   de todas as recibidas poderíamos destacar, pola seu contido, o mail enviado pola xornalista Pilar del Río (traductora de José Saramago e presidenta da fundación Saramago) despois de escoitar a entevista a Chis no programa A VIVIR QUE SON DOS DÍAS na cadea SER:

" Qué bonito lo que has contado de las batas: emocionada, me he dedicado a contar la iniciativa por el mundo.
Mi madre, que era madre de 15 hijos, y que trabajó sin parar, usaba batas contra viento y marea, porque "eran cómodas y fresquitas". Cuando murió le hicimos un homenaje en su pueblo en el que, aparte de la misa, que fueron músicos de Granada para evitar que curas y beatas cantaran y para dar paso a Bach, organizamos dos conciertos, uno de Paco Ibañez, que vino a cantar en el pueblo las canciones que en los 60 nosotros cantábamos ante la admiración y sorpresa de las madres, que no nos habían enseñado "eso", y otro concierto en el río, en el lugar predilecto de mi madre, de Luis Pastor, la Negra y Miguel Ríos, que cantaron desde la emoción. En fin, fueron unas jornadas estupendas, con un buen broche no musical, pero lo que te quería contar es que en cierto momento mis hermanas, cuñadas, las muchachas de casa y mis tías, es decir, quienes estábamos cerca de mi madre, decidimos ponernos sus batas, pasear con ellas, asumirlas, ser ella en esas prendas al menos una noche. Y fue divertido y algo más. Ahora, cuando nos encontramos, en algún momento nos vestimos de mi madre, no con sus abrigos o ropa buena (que también, que todo fue reciclado) sino con sus batas. Que eran feas de morir...
Te mando una foto de ese momento. Y gracias por haber sacado en la radio un asunto tan hermoso.
Besos
Pilar"

Comentarios

Entradas populares