GATTACA: EL DESTINO NO ESTÁ ESCRITO

Xa o cantaban BARON ROJO en Hijos de Caín:

"...el destino no está marcado al nacer,
yo he elegido ser lo que siempre seré..."

Esta obviedade non o é tanto se repasamos,cando menos, os 25 últimos séculos de historia e filosofía occidental. O debate sobre o destino e a liberdade do individuo  e a sociedade é permanente e irresoluto. Un contexto de CF simplemente moderniza o debate colocando nun sitio preferente a Tecnoloxía (neste caso a Xenética) e o seu uso social.
As preguntas presentes en GATTACA non son ningunha novidade, polo tanto, pero siguen a ser igual de apaisonantes: existe a liberdade individual nunha sociedade?, a esencia precede á existencia? , somos algo máis que unhas moleculas interactuando?, o noso futuro está completamente determinado (por Deus, polos xenes,...)? e, a nivel profesional, a miña preferida: debemos facer, como sociedade, todo o que podemos facer? (esta pregunta denomínase o IMPERATIVO TECNOLÓXICO e un aspecto básico da reflexión sobre as consecuencias do inevitable progreso tecnocientífico).

Por otra banda cabe decir, para quen non vira a peli, que esta non deixa de ser unha (boa) peli comercial, ben feita, cunha historia solvente e que a nivel de persoaxes e narración non inventa nada (e nin falta que fai :-)




A peli proxectarase o vindeiro Luns día 1 dentro do ciclo de CF REALIDADE 2.0. Se non es alumno de 4º da ESO e queres asistir pide o permiso escrito no Dpto. de Tecnoloxía.

Vou aproveitar esta entrada para recomendar o libro máis curioso dun dos meus autores preferidos, AMIN MAALOUF. Saíndose, en apariencía, dos seus temas habituais escribiu unha novela chamada EL PRIMER SIGLO DESPUÉS DE BEATRICE que ten, no trasfondo e algo na forma, moito que ver con GATTACA, xa que plantexa a situación do mundo cando a tecnoloxía posibilita dun xeito sinxelo a selección xenética dos fillos (neste caso, só en función do sexo). Unha novela que cando lin era CF e que hoxe é realismo con toques de ficción.Moi  moi recomendable.


Comentarios

Entradas populares