CAMPIONATO DE FRETS ON FIRE NO IES

O FRETS ON FIRE (FOF) é como o GUITAR HERO pero para ordenador, e de software libre, polo que existen infinidade de cancións dispoñibles para xogar, skins e mods para cambiar a apariencia do xogo, etc,...

O campionato será o Venres de Entroido a 4ª hora, no  salón de actos se non chove, e na capela se chove. As canción serán únicamente de rock e metal.


Podedes descargar o programa dende esta ligazón: FRETS ON FIRE
e varios arquivos comprimidos con cancións dende estas:



Recordade que unha vez instalado o programa, debedes incluir as carpetas (descomprimidas) coas cancións no seguinte sitio (supoñendo que estedes en Windows; se tedes Linux xa sodes o suficientemente intelixentes para saber onde van as cancións :-): C:/Archivos de Programa/Data/Songs

Se queredes xogar con varios xogadores ou incluso emular outros programas de música con diversos instrumentos, podedes descargar e instalar o FOFIX, unha modificación do FOF pero para o que valen as mesmas cancións.

Comentarios

Entradas populares